O Concello de Noia instalará bancos na beira do río en San Lázaro para impedir caídas como a do pasado domingo

11 Abril 2023

O Concello de Noia, logo do accidente desta fin de semana do que informarmos neste medio, vai proceder á instalación de bancos no Malecón de San Lázaro para, en palabras do Goberno local, “evitar que os veciños empreguen a varanda de pedra para sentar”. O que se pretende con esta actuación é “minimizar o risco de que se repitan incidentes coma o do pasado domingo”, xornada na que, como lembraremos, foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago para recibir tratamento polas lesións ocasionadas por unha caída. Sobre as causas do accidente, tívose en conta a importancia da barreira protectora, que está só a apenas 40 centímetros de altura (o que resulta perigoso se unha persoa sentada sofre un esvaecemento ou unha perda de equilibrio).

Os feitos

Contra as 11:30 horas do domingo, os axentes da Policía Local de Noia solicitaron, a través do 112 Galicia, a intervención dos Bombeiros de Boiro para rescatar ao home, que estaba deitado na lameira debido á baixada da marea. Así, ademais dos efectivos do parque comarcal, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos membros do GES de Noia. 

De forma conxunta, recolleron o home para recibir os primeiros coidados por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 antes do seu traslado a Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...