Un home, ferido tras caer da Ponte de San Lázaro, en Noia

09 Abril 2023

Un home foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago para recibir tratamento polas lesións ocasionadas pola caída.

Igualmente, valórase a posibilidade de que o ferido sufrise un esvaecemento previo á caída, ou mesmo unha perda de equilibrio que lle levase a precipitarse por unha ponte cuxa barreira protectora está a apenas 40 centímetros de altura.

Contra as 11:30 horas de hoxe, os axentes da Policía Local de Noia solicitaron, a través do 112 Galicia, a intervención dos Bombeiros de Boiro para rescatar ao home, que estaba tirado na lameira debido á baixada da marea. Así, ademais dos efectivos do parque comarcal, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos membros do GES de Noia. 

De forma conxunta, recolleron o señor para recibir os primeiros coidados por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 antes do seu traslado a Santiago.

A.D.C.Bomberos Boiro. Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro rescataron persoa precipitada no Malecón de San Lázaro no Concello de Noia. Colaboran Policía Local de Noia, Ges de Noia e 061. Moi boa sectorización realizada pola Policía.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.