A Pobra vive unha xornada de inmersión no mundo marisqueiro ó abeiro da programación turística para a Semana Santa

05 Abril 2023

O patrimonio e a paisaxe centran a programación de actividades deseñada pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela, para potenciar os recursos do municipio nesta época da Semana Santa.

Xa no 31 de marzo regresou A Nosa Feira cun total de 14 postos que permanecerán nos Xardíns de Valle-Inclán ata 10 de abril.

Neste día 5 foi a quenda de coñecer de primeira man o proceso extractivo dos bivalvos a través dun obradoiro de marisqueo que tivo como epicentro a praia dos Areos. As persoas asistentes puideron constatar a materia prima que atesoura o litoral pobrense, o oficio das mariscadoras e os aparellos que empregan no seu día a día.

As inscricións continúan abertas para o resto de propostas. No día 6, Xoves Santo, toca calzar un zapato cómodo para emprender a ruta xacobea guiada polo Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe, ao seu paso pola Pobra. O tramo consta de 8 quilómetros e a dificultade é baixa. Establécese como punto de encontro o aparcadoiro situado diante da praza de abastos, ás 09.00 horas. A matrícula ten un custo de 9 euros.

A acción desprázase no día 7, Venres Santo, á contorna do río das Pedras, en forma de ruta de 3 quilómetros, de dificultade media. O traslado efectuarase dende o aparcadoiro fronte ó mercado municipal, ás 10.00 horas. Tamén é preciso anotarse cunha contía que se sitúa nos 9 euros.

E no día 8, Sábado de Pascua, a atención concéntrase no patrimonio cun itinerario guiado polo centro histórico da vila, de dificultade baixa. A xornada compleméntase cunha visita á capela da Alba da igrexa de Santiago do Deán. En ámbolos casos, sairase das inmediacións da Casa Mariñeira, ás 11.00 e ás 16.45 horas, respectivamente. Reservarase unha praza por un valor de 3 euros cada actividade.

Resulta preciso anotarse previamente na oficina do turismo, situada na contorna do parque do Castelo, mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262, 687482835 e 981843280, marcando a extensión 2035.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.