COGAMI ofrece formación para cubrir as necesidades do mercado laboral

05 Abril 2023

A área de Emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), entidade presidida polo sonense Anxo Queiruga, desenvolve un Programa Integrado de Emprego co que pretende impulsar as condicións de empregabilidade dentro do grupo social das persoas con discapacidade e incapacidade laboral, ademais de favorecer e mellorar as súas condicións de traballo.

Para acadar estas melloras, apóstase pola formación, que nesta ocasión acadarán en conxunto máis de 360 horas de carga lectiva distribuídas en sete cursos formativos adaptados ás necesidades do mercado de traballo. Así, impartiranse temáticas relacionadas coa atención ao cliente, acompañamento no transporte escolar, almacén, recepción, servizos, entre outros. “En xeral”, explica COGAMI, “trátase de formación curta adaptada ás necesidades das empresas e do mercado laboral para que as persoas poidan incorporarse a traballar canto antes”.

Rematada a formación teórica, haberá un período de prácticas non laborais en empresas da comarca para poñer en práctica as función realizadas no curso.         

O programa Integrado é o resultado dun convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o CERMI Galicia, entidade da que forma parte COGAMI, para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade en Galicia a través dos fondos da Unión Europea Next Generation EU vinculados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), de apoio ao o investimento para lograr unha recuperación sustentábel, dinámica e resiliente do mercado de traballo.

Un equipo técnico de inserción laboral formado por seis profesionais atende a 131 persoas seleccionadas da base de datos que o servizo de emprego de COGAMI ten nas cidades de Santiago (21 persoas seleccionadas), A Coruña (26), Ferrol (22), Lugo (15), Ourense (25) e Vigo (22).

Coa finalidade de mellorar a empregabilidade e as oportunidades laborais destas persoas desempregadas, cun obxectivo final de inserción mínima o programa integrado conta dunha serie de accións que parten cunha entrevista personalizada para coñecer as capacidades e aspectos a traballar da persoa candidata á hora de afrontar un posto de traballo.

Neste programa, ademais da formación, combínanse obradoiros de competencias dixitais para o manexo das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) como ferramentas na busca de emprego por portais especializados, trámites en Internet cos organismos oficiais, elaboración de currículos e carta de presentación, sesións de adestramento profesional (coaching), intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevistas.
 
Durante o desenvolvemento deste programa Integrado no período do ano pasado, despois de pasar por todas as accións recomendadas, houbo un 56% de persoas que lograron a inserción laboral.           
                                                                              

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.