En Boiro o Concello convoca un proceso selectivo para a contratación de auxiliares de Policía Local

05 Abril 2023


O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación de seis auxiliares de Policía Local para o ano 2023. As bases da convocatoria publícanse este mércores no Boletín Oficial da Provincia e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 21 de abril.

O Concello confirmou que o sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal por un período de catro meses ao longo do exercicio 2023 para desenvolver funcións de apoio e auxilio aos membros do corpo da Policía Local.

A persoa candidata debe cumprir unha serie de requisitos como ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder a idade máxima de xubilación; ter a nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea; ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente correspondente ao grupo C, subgrupo C2; no ter sido despedida mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública; carecer de antecedentes penais por delito doloroso; e contar cun informe de saúde que faga constar que se reúnen as condicións físicas e psíquicas para o desenvolvemento das funcións.

As bases, o modelo de instancia de solicitude e toda a información sobre a convocatoria está dispoñíbel na web municipal. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e estará aberto ata o vindeiro 21 de abril.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.