A XXXVI Marcha Popular do Barbanza percorrerá a nosa serra o 1 de maio con saída dende A Pobra

04 Abril 2023

A Pobra do Caramiñal dará a benvida ao mes de maio coa XXXVI Marcha Popular do Barbanza tal e como manifestaron en rolda de prensa, este martes 4 de abril, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo, e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure. O itinerario partirá no día 1 do miradoiro de Valle-Inclán para, ao longo de 19 quilómetros, percorrer diferentes puntos da serra ata concluír nas Furnas, en Xuño.

A saída efectuarase ás 10.30 horas e prevese o remate arredor das 18.30 horas, cunha parada para xantar. Durante todo o periplo contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense.

Habilítase un servizo de autobús para o traslado das persoas participantes, tanto para a ida coma para a volta. O punto de encontro establécese no aparcadoiro situado nas inmediacións da praza de abastos, ás 10.15 horas.

A inscrición é gratuíta e deberase tramitar no Departamento dos Deportes, con oficina na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981831545 e 619229946.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.