O concurso Quero Cantar da Deputación dará a coñecer o palmarés nunha gala no Teatro Colón o 23 de abril

04 Abril 2023

O concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar, impulsado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, xa ten finalistas. As seis solistas e grupos seleccionadas terán a oportunidade de interpretar os seus temas en directo na gala final, que terá lugar no Teatro Colón o 23 de abril, ás 18:30h.

Nesta gala, que estará presentada pola actriz e contadora Soledad Felloza, escolleranse ás formacións gañadoras e contará coas actuacións dunha banda e dunha solista convidadas: Bonhomía e Noelia Perpetuo, gañadoras da anterior edición deste concurso. A asistencia á gala final será de balde, previa retirada de convite na web do Teatro Colón.

As finalistas desta VI edición do Quero Canta ’ foron seleccionadas por un xurado composto por persoas vinculadas profesionalmente ao mundo da música como son Pablo Díaz, Paco Cerdeira, Laura Romero, Laura Iglesias e Carmen Rey Quintela. O xurado estivo presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, e actuou como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández-Albalat. Tamén estivo presente, sen voz e sen voto, o comisario do concurso, Tono Formoso.

Convén lembrar que o Quero Canta’ contempla dúas modalidades: infantil (ata 12 anos con presenza dunha persoa adulta), e xuvenil (de 13 a 16 anos). Na gala final, o xurado estará composta por nenos e nenas e por mozos e mozas do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final. 

Finalistas na categoría infantil:

Guitarristas de Barouta é o grupo de guitarra do CEIP Barouta (Ames), e está conformado por alumnos e alumnas de Miguel Alonso. Foi nas súas aulas onde compuxeron a súa primeira canción, na que falan da inclusión no patio e nos xogos.

O Ritmo dos soños nace dentro do coro do CEIP de Caión (A Laracha) co obxectivo de se presentar ao concurso Quero cantar. A banda está formada por unha alumna e un alumno de segundo de primaria, unha alumna de terceiro, dous de quinto, seis de sexto e polo mestre de música do centro.

Os Termais son un grupo dun colexio de Cortegada, na comarca do Ribeiro. Está composto por compañeiros e compañeiras de cuarto, quinto e sexto de primaria. Indican que a escolla do nome provén da concentración de augas termais que se dá na zona, tendo Cortegada varios balnearios.

Finalistas na categoría xuvenil:

Raquel Barreiro é unha moza de 16 anos do concello de Ames que escribe as súas propias cancións. Estuda guitarra, canto e frauta traveseira. Xa participou no Quero Cantar, na categoría de primaria, en varias ocasións, chegando á final coa banda As estrelas do rock. Tamén pertenceu a outras bandas como Ramalloss ou Trece.

Euterpe é unha formación composta por alumnado de todos os niveis educativos do IES do Milladoiro (Ames) e coordinado polo profesor de música Manolo Maseda. Presentáronse ao Quero Cantar cun tema composto a partires dunha chuvia de ideas sobre as e os compoñentes da banda e as súas circunstancias vitais.

Temos Terras está formada por Alejandra Saavedra (guitarra e voz) de Teo e Lucas Arango (piano e voz) de Santiago de Compostela, ambos cunha ampla formación musical desde a infancia. Conformáronse como dúo musical no instituto.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...