Abril mes dos libros traerá a Ribeira unha ducia de propostas

03 Abril 2023

A programación do Abril Mes dos Libros vai traer ao municipio ribeirense unha decena de propostas que foron presentadas esta mañá polas concelleiras de Educación e Cultura, Juana Brións e María Sampedro. As accións están dirixidas maioritariamente a público infantil-familiar, tamén ao estudantado dos centros educativos do municipio e algunha que outra proposta de carácter musical.
Así, no Lustres Rivas haberá contacontos infantís da man de Charo Pita, A Chalana e Carmen Penim, en tanto que no Auditorio terán lugar tres espectáculos destinadas a estudantes por obra de Títeres
Cachirulo, Raquel Queizás e Culturactiva.
Outra actividade prevista é un seminario en colaboración coa Universidade de Santiago que terá por título “Principais indicacións actuais da Balneoterapia”.
Outro dos eventos previstos é un musical no Porto de Palmeira en homenaxe a Los Tamara, que baixo o título de “Unha noite na eira do trigo” se celebrará o vindeiro sábado 22 de abril a partir das nove da
noite e que serve ademáis de como recoñecemento a ese grupo musical, coma homenaxe a un dos seus compoñentes, director e fundador do conservatorio e da Coral Municipal de Ribeira, ilustre veciño do noso municipio, que non é outro que Enrique Paisal.
Ademais da Sala Museo Municipal ofertará catro talleres para escolares baixo o nome “Cóntoche un traxe” e que impartirá Montse Rivera, unha das compoñentes de Leilía, que este ano deixa os escenarios tras trinta anos, e que realizará a través dunha maneira sinxela e orixinal un percorrido no tempo para ver como era o vestiario dos nosos antepasados grazas á colección en miniatura de traxes galegos realizados de xeito artesanal por Magdalena Bringas e que foi donada ao concello e se alberga no segundo andar do museo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...