Porto do Son vai acoller en maio a edición número XXI da súa Xuntanza de Confraternidade para as persoas maiores. Será, precisamente, o día primeiro do mes. O período de inscrición ficará aberto desde este 10 ata o 25 de abril, e poderá facerse a través do número de teléfono 981 86 74 14 (de 9.00 a 13.00 horas) ou apuntándonos no departamento dos Servizos Sociais do Concello. A Xuntanza de Confraternidade inclúe os seguintes actos principais:
12h | Misa na igrexa de San Vicente de Noal cantada polo Coro Parroquial de Porto do Son
14h | Xantar na carpa situada no xardín da zona portuaria de Porto do Son
Segundo confirmou o Concello, organizador deste xa histórico evento, o xantar será gratuíto e haberá servizo de autobuses. O Concello tamén subliña a importancia de confirmarmos a asistencia co obxectivo de xestionar a xuntanza do mellor xeito posíbel.




