Na Pobra un home ferido ao ser atropelado por un coche tras saírse da vía e precipitarse desde a Ponte de San Antonio. Os ocupantes fuxiron

02 Abril 2023

Os dous ocupantes, logo de precipitarse desde a Ponte, conseguiron saír polos seus propios medios do interior do vehículo e abandonaron o lugar. Segundo testemuñas do accidente deronse á fuga

Sucedeu na Ponte de San Antonio, na DP-6703, á altura da praia dos Areos, na Pobra do Caramiñal. Ás 17:45 horas deste domingo, varios particulares chamaban ao 112 Galicia para informar dos feitos. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos alertadores, o vehículo, tras dar varias voltas de campá atropelou a un varón, deixándoo ferido, danou o valado da ponte e rematou no río. Ademais, indicaban que os dous ocupantes do vehículo conseguiran saír polos propios medios, xa que o río levaba pouco caudal, pero que abandonaran o lugar.

Ata o punto acudiron, nada máis ser informados polo 112 Galicia, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribeira, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia, que a persoa atropelada xa fora evacuada polos servizos sanitarios ao Hospital do Barbanza, e, a esta hora, agárdase por unha guindastre para retirar canto antes o coche do río e evitar que a perda de combustibles, debido ao impacto, poida causar algún tipo de dano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.