O xoves 6 de abril os veciños de Corrubedo vólvense botar á rúa (por 21ª vez) para reclamar servizos médicos de calidade e permanentes na vila

31 Marzo 2023

Esta Semana Santa van continuar as mobilizacións da veciñanza da Corrubedo en contra dos recortes sanitarios e a prol dun mellor funcionamento do Centro Saúde local, onde as veciñas e veciños reclaman recuperar os servizos médicos habituais que eviten desprazamentos a Ribeira e que fomenten a calidade de vida en Corrubedo. Trátase, xa, da 21ª das mobilizacións, convocadas cada xoves da semana na vila. A deste xoves 6 de abril comezará no cruce, a carón do Bar Stop. As veciñas e veciños quixeron acompañar a convocatoria dun convite á cidadanía, ás entidades e ás plataformas sociais de Ribeira e do Barbanza para que se sume ás reclamacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.