Camión formigoneira envorcado en Ribeira entre San Roque e Frións

30 Marzo 2023

Ocorreu minutos antes das 9 horas desta mañá, e o único implicado non requiriu ser trasladado a un centro hospitalario.

O alertador foi un particular que se atopaba no lugar dos feitos: un camión formigoneira acababa de envorcar lateralmente no quilómetro 1 da estrada DP-7301, en Carreira (Ribeira). O vehículo quedara no marxe dereito da estrada e non obstaculizaba a circulación.

Os xestores do 112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, ao Grupo de Emerxencias Municipal, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Ribeira, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento das estradas.

A chegada dos medios de emerxencias provocou que un dos carrís queda cortado ao tráfico e xeráronse retencións nesa zona, polo que os axentes municipais encargáronse de regular a circulación, dando paso alternativo ata que se recuperou a normalidade tras a retirada dos medios desprazados.

Fotos: Canal Accidentes y Noticias

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio. A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa...

+

A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde

A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no sábado 4, por ser o momento previsto no que, segundo informou Meteogalicia e confirmaron o Concello da Pobra e o Club de Remo Puebla , agárdase...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...