A Casa-Museo de Rafael Dieste abrirase en 2020 co seu mobiliario orixinal

03 Decembro 2019

O Concello de Rianxo vén de confirmar a vindeira apertura oficial da Casa-Museo de Rafael Dieste para este 2020 que xa está preto de comezar. O inmóbel, situado na rúa de Abaixo e recentemente remodelado pola Deputación da Coruña e o Goberno local a través dun proxecto conxunto de posta en valor, está a ser obxecto nesta recta final de 2019 dun “importante traballo de musealización por parte da entidade provincial e do Concello”.

A apertura definitiva, como lembraremos, veu precedida de diversas actividades informais de estrea (por exemplo a presentación da biografía de Dieste a cargo de Luís Rei Núñez), á espera de que se levaran a cabo os últimos detalles da remodelación. Entre estes últimos detalles atopábanse tarefas concretas como a instalación dos radiadores ou a colación do mobiliario orixinal do predio, integrado, entre outros obxectos de gran valor, por varias camas, cadeiras, mesas e mesmo o piano persoal de Dieste, fabricado pola histórica empresa catalá Ortiz & Cusso e datado a comezos do século XX.

Unha vez que o proceso de posta en valor estea definitivamente rematado, a Casa-Museo pasará a forma parte do proxecto integral do Concello para converter as residencias dos grandes escritores rianxeiros (Dieste, Manuel Antonio e Castelao) en enclaves museísticos referenciais, dando como resultado unha emblemática rúa literaria (a rúa de Abaixo) de importancia galega e universal que inclúa tamén, segundo fixo saber o alcalde Adolfo Muíños “oxalá que nun futuro próximo”, a casa onde viviu Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.