A biografía de Dieste volveu encher de vida e literatura a súa residencia na rúa de Abaixo

17 Outubro 2019
Un intre da presentación capturado por Xoán Pastor Rodríguez, de Barbantia

20191017 O venres 11 de outubro presentouse en Rianxo a biografía Rafael Dieste. O libre pensamento (Xerais) de Luís Rei Núñez na recentemente remodelada Casa-Museo de Rafael Dieste na rúa de abaixo. O acto, que significou a estrea “non-oficial” da nova vida da residencia do autor de Dos arquivos do trasno (residencia acondicionada os pasados meses pola Deputación da Coruña e o Concello), tivo un extra de interese ao desenvolverse no eixe físico e sentimental (o inmóbel natal de Dieste en Rianxo) de boa parte das andainas persoais, políticas e literarias que se contan no libro. A presentación, un concorrido acto cultural e social con veciños e visitantes de todas as idades (o salón de actos ficou ateigado intres antes do comezo das intervencións), foi un salientábel exemplo de perfecta sintonía entre o continente (a casa de Dieste, Rianxo, a rúa de Abaixo) e o contido (a traxectoria vital, cultural e ideolóxica do autor da A fiestra valdeira).

A cita, que comezou ás 20.30 horas, foi unha cita inescusábel para os afeccionados á literatura por unha manchea de razóns: porque O libre pensamento de Rei Núñez á vida e obra de Dieste é un monumental e apaixonante achegamento ao autor de Dos arquivos do trasno e a vila que o viu nacer e medrar, porque se vai dar a coñecer na que foi a súa residencia e porque Dieste precisaba en certa maneira que o reivindicasen (é un dos grandes narradores da nosa terra) e porque as cuestións das que trata a obra de Rei Núñez (a defensa da liberdade e o espírito crítico, a solidariedade co pobo, a denuncia das inxustizas, a luz necesaria da cultura, o pensamento contra a barbarie e o fascismo) están por desgraza máis vixentes ca nunca.

No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, Xerais e o Concello de Rianxo, interviñeron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor; Amparo Cereixo, profesora.

O libro e máis o autor, Luís Rei Núñez

O libro, en palabras do autor (autor tamén de O encargo do señor Castelao), “conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas”, unha vida que abrangue oito décadas da nosa historia (entre 1899 e 1981) e foi testemuña de acontecementos dramáticos como a Guerra Civil (que Dieste fixo comprometido coa causa da legalidade) e do exilio de milleiros de persoas represaliadas, entre as que se atopou el mesmo (recalando en Bos Aires, Cambridge e Monterrey). “Nun mundo en debate ideolóxico permanente, e moitas veces encarnizado, de Rafael Dieste quedou o exercicio irrenunciable do libre pensamento”, engadiu o autor.

Segundo fixo saber o alcalde no transcurso do acto, había moitas maneiras de presentar a biografía de Rafael Dieste en milleiros de emprazamentos físicos diferentes, pero, dixo, “que mellor maneira que facelo aquí, na súa residencia, un espazo aínda en construción, como podemos ver, cos seus pequenos defectos e en fase de probas, pero que en breve será obxecto dun importante traballo de musealización por parte do Concello”. Un proceso, engadiu, que forma parte do proxecto integral para converter as residencias dos grandes escritores rianxeiros, na rúa de Abaixo, en enclaves museísticos referenciais, dando como resultado unha emblemática rúa literaria de importancia galega e universal que inclúa tamén, “agardamos que nun futuro próximo”, a casa onde viviu Castelao.

Pola súa banda, Xosé Ricardo Losada puxo o foco na gran influencia de Dieste na súa obra: “Foi Dieste o escritor que máis me incitou a entrar no mundo da literatura, probablemente porque hai moitas cuestións ideolóxicas, intelectuais e emotivas que coinciden moito coa miña forma de pensar, de ser e de ver o mundo, e que fun desenvolvendo en parte a través da obra de Rafael Dieste”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.