Executados traballos de mantemento nos vestiarios do campo de fĂștbol de Cadreche

29 Marzo 2023

Co obxectivo de garantir unhas instalaciĂłns municipais en condiciĂłns Ăłptimas para o desenvolvemento da actividade deportiva, recentemente finalizaron unhas tarefas de mantemento no campo de fĂștbol de Cadreche, na Pobra do Caramiñal.
A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (NĂłs Pobra), detalla que os traballos se concentraron nos vestiarios. Efectuouse asĂ­ a limpeza exterior, cunha mĂĄquina de presiĂłn, da parte traseira do edificio destinado ao cambio do equipamento deportivo para, deseguido, sanea-las gretas, sela-la superficie e pintar.
Tamén se actuou no interior coa limpeza de humidades e a aplicación de pintura plåstica contra o mofo.
Ata o lugar desprazouse a edil acompañada da técnica municipal desta årea, Ana Romero, para comproba-los resultados.
As obras foron executadas por Construcciones y Reformas Tubisan S.L., por un investimento que supera os 10 000 euros, IVE incluĂ­do.

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vĂ©n de confirmar que por mor das previsiĂłns meteorolĂłxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sĂĄbado queda aprazado ata o vindeiro sĂĄbado 11 de maio. A cita estaba prevista para este dĂ­a 4, durante toda a xornada, na cĂ©ntrica rĂșa...

+

A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde

A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no såbado 4, por ser o momento previsto no que, segundo informou Meteogalicia e confirmaron o Concello da Pobra e o Club de Remo Puebla , agårdase...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“PaĂ­s de emigrantes” – JosĂ© Manuel Pena

“PaĂ­s de emigrantes” – JosĂ© Manuel Pena

Galicia para ser un paĂ­s de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algĂșn galego marchĂĄbase para SuĂ­za, EE.UU, Arxentina, CanadĂĄ, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. LuĂ­s Celeiro

“Quen o sabe?”. LuĂ­s Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén å cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...