O IES da Pobra participa na andaina que une igualdade eecoloxismo con motivo do 8-M

28 Marzo 2023

Alumnado de 2.°B da ESO do instituto pobrense asistiu neste 28 de marzo á andaina Mulleres fronte
á emerxencia climática ao abeiro da programación impulsada pola Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), co motivo do 8-M.
Trátase dun proxecto de acompañamento e organización de grupos de mulleres para poren en valor o seu papel como coidadoras da terra e das persoas ao longo da historia, e recalca-la súa importancia na loita pola igualdade de xénero e a transición ecolóxica na actualidade, que leva en funcionamento dende o pasado ano.
O formato elixido para a divulgación sobre o dito proxecto entre o estudantado da secundaria é o da andaina, experiencia que estivo aberta ao público xeral no día 19. Co acompañamento de mulleres implicadas nesta iniciativa; entre elas, a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), a expedición efectuou diferentes paradas polo núcleo urbano.
A carón da praia dos Areos, coñeceron coas mariscadoras a riqueza marisqueira do litoral que constitúe unha destacable materia prima para a cociña de calidade, ademais de aprenderen que este oficio estivo
tradicionalmente vencellado ás mulleres.
Outro dos altos foi nas marquesiñas para subliñar así a necesidade dunha boa rede de infraestruturas que conecte a bisbarra e Santiago de Compostela, especialmente polo menor impacto do transporte público no medio ambiente en comparación cos vehículos particulares, pois permite trasladar un significativo volume de persoas nunha única viaxe.
Tamén se detiveron nunha das illas da compostaxe comunitaria para afondaren nos beneficios e funcionamento deste servizo, así como os recursos que a Administración local pon á disposición da veciñanza que participe nesta alternativa para reduci-lo peso da fracción do resto depositada nos contedores xenéricos.
Remataron o seu periplo no Coworking pobrense para coñece-las instalacións; un espazo de traballo colaborativo que ten como finalidade estimula-lo espírito emprendedor e a fixación da poboación a través da fórmula do autoemprego.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.