Adxudicada a mellora do firme da AC-308 ao seu paso por Lousame

28 Marzo 2023

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por 887.280 euros a execución das obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro. Unhas actuacións adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez SA que permitirán a rehabilitación do firme da AC-308 Vilachán-Noia ao seu paso polo municipio lousamiá, concretamente entre os puntos quilométricos 4 e 14,700.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, celebra a adxudicación dunhas obras “que suporán unha importante mellora da seguridade viaria nesta estrada xa que que as actuacións de sinalización, drenaxe e mellora do pavimento previstas permitirán incrementar a adherencia entre o pneumático e o pavimento”. Unha obra que conta cun orzamento de 412.105,59 euros.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa coa previsión de comezar as obras na segunda quincena de abril, co fin de telas rematadas neste mesmo ano, xa que contan cun prazo de execución de 6 meses. “Durante a execución das obras non será necesario cortar a estrada nin facer desvío algún”, adianta Teresa Villaverde, xa que “as obras realizaranse por medias calzadas, de forma que se poderá manter o tráfico por un dos dous carrís en todo o momento”.
A actuación executarase en tres tramos: do pk 4 ao 7, do pk 7 ao 10 e do pk 10 ao 14,7, nos
que se acometerán fresados localizados de 5 centímetros de ancho, aplicarase unha rega de
adherencia con emulsión asfáltica e rematarase cun aglomerado en quente de 5 centímetros
de espesor. Finalmente, reporase a sinalización horizontal.

AC-308 ao seu paso por Lousame

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.