“O mar de lonxe fai soñar nun futuro que se conformará en 2030”. Antón Luaces

28 Marzo 2023

Menos mal que o eurocomisario Sinkevicius non ten gaita que tocar no seo da Organización de Nacións Unidas (ONU) porque, de non ser así, o mar de lonxe, ese no que non mandan os países ou estados da ribeira dos océanos, sería unha outra caixa na que gardar as manías sen clarexar dabondo pola que o eurocomisario vive para non deixar vivir aos pescadores, neste  caso comunitarios europeos.

O conto ven dun Tratado acadado no seo da ONU o pasado domingo que tenta protexer o mar de lonxe -ou alto mar- polo menos nun 30% dos océanos. Un pacto considerado vital para salvar os océanos do planeta Terra que, curiosamente, pode contribuir a salvar  a pesca de longa distancia, prácticamente o único recurso que queda con posibilidades de captura se as frotas chinesa e coreana o permiten.

Todo queda xa que logo a expensas desa salvagarda de cando menos o 30% dos océanos e coa ollada posta no devandito ano 2030. Un acordo que a Alianza de Alto Mar (no que converxen organizacións mariñas, ecoloxistas e de defensa ambiental que califican de “histórico” e de “enorme paso para protexer legalmente con santuarios oceánicos a vida mariña e adaptar a gobernanza do alto mar ao século XXI”.

Son augas situadas máis aló das 200 millas da costa, compartidas por todos os países, que foron xestionadas mediante acordos e organismos internacionais carentes de xurisdición clara, sen moita coordinación e con normas non axeitadas para a súa proteción.

Este novo tratado enmárcase na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar e formula a necesidade de “asegurar a conservación e o uso sustentable da diversidade biolóxica mariña das zonas situadas fóra da xurisdición nacional.

Compre esperar que, antes de 2030, quede branco sobre negro cal vai ser o papel a desempeñar nos océanos polas empresas interesadas na estración de metais do  fondo mariño.

Un, escarmentado, quixera saber ata que punto queda “atado y bien atado” este aspecto.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.