O PP de Noia fixo públicos os nomes das persoas que ocuparán os dez primeiros postos dunha lista que estará liderada polo actual alcalde, Santiago Freire Abeijón. A candidatura destaca pola paridade, pois cinco homes e outras tantas mulleres repártense os primeiros postos da lista, e tamén pola renovación, xa que só se mantéñen o rexedor e tres concelleiros.
Arroupando a Santiago Freire seguirán Laura Salgado García, no posto número dous; Beatriz Rosende Paz, no catro; e Ana Isabel García Álvarez, no sete. Mentres, Iván Lorenzo Redondo cóase no terceiro posto, Luís Alamancos Pampín ocupará o quinto, Santiago Rodríguez Núñez irá de seis e os tres últimos, ata o dez, serán para María Teresa Méndez Martínez, David Manuel Neira Sieira e Eva María Varela Insua.




