Saída de vía en Lousame cunha persoa ferida

24 Marzo 2023

Unha persoa tivo que ser liberada polos Bombeiros de Boiro e o GES de Noia, despois de que o seu coche se saíse da vía e rematase nunha leira, no lugar de Cernande. Os servizos de emerxencia quitaron o parabrisas do vehículo para poder sacar á persoa, que resultou ferida.

Uns minutos antes das 18:00 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do accidente.

A partir dese momento, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia e da Garda Civil de Tráfico.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviu en accidente con posibles atrapados no lugar de Tállara, no Concello de Lousame. Colaboran Ges de Noia, 061 e Garda Civil.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.