Esta fin de semana cambiamos para o horario de verán

25 Marzo 2023

O domingo de madrugada cambia a hora, o que permite aforrar o 0,4% da electricidade, estima a Xunta
O recorrente e cada vez máis polémico cambio de hora aproxímase. Na noite do sábado ao domingo ás 2 pasarán a ser as 3.

Lembrar que o cambio de hora previsto para esta fin de semana, co adianto dunha hora polo comezo do horario de verán do sábado ao domingo, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%.

Aínda que o cambio ao horario de verán prodúzase en marzo, o certo é que a estación estival non comeza ata meses despois, concretamente, ata o mes de xuño.

Máis ben, o cambio horario corresponde co comezo da primavera, que empezou o luns 20 de marzo de 2023, ás 22.24 horas. Con todo, xa durante esta estación de transición os días comezan a ser máis duradeiros e as temperaturas comezan a subir, dando paso ao verán.

A estación de verán comeza o vindeiro mércores 21 de xuño de 2023, a partir das 1.58 horas, segundo os datos recolleitos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...