Os Cafés feministas convidan a conversar sobre igualdade na Pobra

24 Marzo 2023

Un encontro de intervención socioeducativa que tenta aborda-la violencia machista a través da
formación e sensibilización nun ambiente distendido e con perspectiva de xénero: así nace Cafés feministas, unha iniciativa dirixida a mulleres e homes promovida pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, que se concentrará nos meses de abril e maio.
Ao acto de presentación asistiron a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra); a axente da igualdade, Carolina Rodríguez; e Alba Pérez, educadora social de Exeria, quen guiará os faladoiros e achegará recursos para aplicar nas situacións obxecto de análise.
As sesións comezarán no 15 de abril con As relacións sas e o bo querer para conversar sobre os conceptos existentes en relación co vínculo amoroso e coa dependencia emocional.
No 29 de abril porase o foco en Dependencias e saúde para compartir impresións sobre o enlace entre as relacións de parella e a saúde mental.
E, no 20 de maio, falarase de A importancia do autocoidado coa finalidade de pór sobre a mesa accións que contribúan ao benestar persoal.
As reunións desenvolveranse de 11.30 a 13.30 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal. Ademais, proporcionarase material sobre os contidos impartidos e un certificado de
participación.
As prazas son limitadas, polo cal se require a inscrición previa no teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.