Política Lingüística destina 350.000 euros á promoción do galego nas entidades locais

22 Marzo 2023

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destina este ano 350.000 euros ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. As subvencións irán dirixidas aos concellos galegos e agrupacións dos mesmos que superen os 3.000 habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de abril e as axudas irán destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico e a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega nas entidades locais. As solicitudes cursaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Con este apoio, as entidades beneficiarias prestaranlle á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística.

Os concellos ou agrupacións destes que resulten beneficiarios terán a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2023.

Ademais, como en edicións anteriores e de acordo cos criterios establecidos polo Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013 no tocante á repartición de subvencións aos concellos, a convocatoria outórgalle un incremento do 30 % na puntuación final ás solicitudes presentadas conxuntamente por varias entidades locais.

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.