“Compensacións de rendas” – José Manuel Pena

22 Marzo 2023

A Xunta de Galicia está a atrasar o pago da compensación de rendas para persoas propietarias e arrendadoras, creando unha auténtica indefensión e inseguridade xurídica, tanto nos pequenos propietarios como nos grandes garfos de vivendas.

A lexislación, nesta materia, é clara e sinala que os procedementos xudiciais de suspensión nos desaloxos de vivendas habituais para familias vulnerables recoñecen unha axuda aos propietarios, que deixan de percibir a renda, por parte da Xunta de Galicia unha vez transcorran os tres meses desde a elaboración do correspondente Informe de Vulnerabilidade, por parte dos departamentos dos servizos sociais municipais.

Os xuíces e tribunais de xustiza están obrigados a cumprir coa legalidade e así, unha vez enfróntanse a denuncias por falta de pagamentos de renda de alugueiros deben solicitar o correspondente Informe de Vulnerabilidade actualizado e en todo caso, proceder á suspensión do procedemento mentres a Xunta de Galicia non xestione outra vivenda para facilitar o realoxamento ou a tamén chamada alternativa habitacional para a familia en situación de exclusión social.

Ao longo de todo este tempo de demora no abandono da propiedade, o arrendador ten dereito a unha compensación económica que a Xunta de Galicia aínda non chegou a abonar en ningún caso. Non abonan as compensacións económicas aos propietarios nin facilitan unhas vivendas dignas ás familias vulnerables.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.