As mellores bandas nacionais maridan coa calidade muradá no XIX Festival Castelo Rock

20 Marzo 2023

Tralo exitazo do ano pasado, o Festival Castelo Rock de Muros xa ten marcada a súa data para a XIX edición. A renovada A.C.R.D Praia do Castelo, despois dun traballazo brutal nestes últimos dous meses, invita a reservar a penúltima fin de semana de xullo (21 e 22 de xullo) para festexar esta cita na a vila muradá se convirte no epicentro do rock nacional.

O festival volve apostar polas bandas do estado, con grandes históricos como El Drogas (un clásico do festi que volve presentando o 40 aniversario de Barricada), Ilegales ou O Funk’illo; aderezadas da mellor calidade da música local como poden ser The Rapants (que se estrean no festi da casa), os tamén muradáns Archivo Adxunto, a carnotá Adhara & Ritman ou o Orfeón Ría de Muros.

Polo medio, algunha incursión internacional como os australianos Lola, bandas importantes do panorama estatal como as valencianas Mafalda, Sínkope, os asturianos Me Fritos and The Gimme Chetos, ou as barcelonesas Ítaca Band; e bandas referentes do país como os das rías baixas Dakídarría, os herculinos Tregua, ou os Festicultores Troupe, que farán bailar a todo Muros.

Pero ademais, tamén darán un impulso ás actividades diurnas, con espectáculos divertidos como o de Uxía Lambona e a Banda Molona ou La Duendeneta, a discoteca móbil vintage do mercado.

Toda a info en http://castelorock.com/. Información de www.quepasanacosta.gal

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.