Comezou a primavera e unha das probas de trail máis agardadas polos seareiros dos deportes en plena natureza: a Xtosín Trail 2023, que se celebra o 21 de maio, segue a coller corpo, atraendo a atención dos seareiros dos deportes na montaña e dos mellores deportistas galegos e estatais nas diferentes modalidades do fenómeno trail (o termo inglés co que se engloban as carreiras e andainas de sendeiros).

Segundo veñen de lembrar dende a organización, o Xtosín 2023 preséntase con dúas distancias para a carreira propiamente dita (con distancias de 21 e 14 quilómetros) e cunha distancia de 14 quilómetros para a modalidade de andaina.
As entidades responsábeis desta importante proba da nosa comarca (Arousa Neo e a Área de Deportes do Concello de Porto do Son) tamén confirmaron que a nova edición preséntase “coa mesma carta da convocatoria anterior”, pero na versión da media maratón “non faltarán os soutos, as fragas, as carballeiras, sin esquecernos da incríbel saída pola praia de Coira para enfrontarse ao cortalumes de Queiro que nos vai poñer no alto do monte Iroite en pouco mais de quilómetro e medio”. De novo a proba rematará na dársena de Portosín, “un enclave único para poñer o remate a a unha carreira e un circuíto únicos”.
Quen precise máis información pode ir recadándoa en Arousa.com.

Ficha técnica
Data: Domingo 21/5/2023
Hora: 10:30 h.
Lugar de saída/meta: paseo marítimo de Portosín
Distancias: 21 km – 14 km – Andaina 14 km
Desniveis+: 1030 m+ ou 590 m+
Tempos de corte:
21 km: tempo máximo 3 h. – Corte: no km. 8 en 1:30 h.
14 km: tempo máximo 2:30 h.
Avituallamentos: 3 na distancia longa – 2 na distancia curta (incluíndo o de meta)
Período de inscricións: apertura o 15/11/2022 – peche 14/5/2023 ás 23:59 h.
Duchas: Polideportivo “David Vidal” de Portosín
Prezo: 20 € ou 15 € (Andaina 7 €)



