“Nova Lei de Pesca Sostible que substitúe a vixente promulgada vai 22 anos”. Antón Luaces

19 Marzo 2023

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este sábado a nova Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira e dispón o trámite correspondente para a súa entrada en vigor tras a aprobación definitiva nas Cortes-A nova normativa ten como obxectivos afortalar a conservación e uso sustentable dos  recursos pesqueiros, procurar que a actividade  contribúa á creación de emprego, xeración de riqueza e a cohesión social das zonas costeiras, e reforzar o vínculo entre a ciencia e a acción política nesta materia.

Para o ministro de Pesca, Luis Planas, esta lei garante un aproveitamento ótimo e sustentable dos recursos pesqueiros e a rendibilidade da frota española (a máis numerosa de toda a Unión Europea). Supón, asimesmo, un avance social importante ao introducir coeficientes redutores para a idade de xubilación en actividades pesqueiras de risco para a saúde desempeñadas maioritariamente por mulleres en traballos como os das mariscadoras a pé, redeiras, neskatillas (traballadoras cuxa actividade se desenvolve principalmente nos portos bascos de Bermeo, Lekeitio e Ondárroa) e empacadoras (mulleres que pesan as ca0069as de peixe unha a unha, as clasifican e mudan o xeo, deixándoas preparadas para a venda).

A  nova lei significa asimesmo a actualización da Lei de Pesca Marítima do Estado promulgada en 2001 e que xa estaba desfasada, potencia as medidas de proteción e rexeración  dos recursos  pesqueiros e regula aspectos determinantes como a declaración de zonas de protección pesqueira ou a actividade nos espazos marios protexidos.

A Lei ten como eixo transversa o principio de solidaiedade nunha triplo perspectiva: ambiental, social e económica. No marco do denominado Pacto Verde Europeo, esta reforma tenta garantir un equilibrio entre a necesaria conservación do medio mariño e o desenvolvemento dunha actividade pesqueira rendible, atractiva para o desenvolvemento empresarial e que teña presente a remuda xeracional para consolidar un sector moderno e competitivo. Introduce medidas tendentes ao afortalamento da conservación e uso sostible dos recursos pesqueiros como a limitación do volume de capturas ou a regulación do esforzo pesqueiro, das artes e aparellos empregados, do peso ou tamén das especies  ou estabelecemento de vedas, sempre da man do sector e coa millor información científica dispoñible. Aposta por unha  información con novos criterios para unha millor planificación que redunde na rendibilidade do sector, introducindo a posibilidade de que, cando estas non foran utilizadas durante un período de tempo determinado, ,podan ser redistribuidas pola Secretaría Xeral de Pesca nos demáis usuarios. Unha lei que, en definitiva, tamén regula a pesca de recreo por primeira vez, e a xestión dos recursos xenéticos. Crea asimesmo o Foro da Pesca, órgano de consulta, colaboración e seguemento.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.