O 14 de abril celébrase o VII aniversario do Grupo BNI Terramar en Ribeira

17 Marzo 2023

O Restaurante Baiuca vai dar acollida o vindeiro mes de abril á celebración do sétimo aniversario do Grupo BNI Terramar en Ribeira.

Os obxectivos do encontro, amais de conmemorar a breve pero frutífera andaina do grupo, é dar a coñecer a actividade do mesmo na comarca do Barbanza, avanzando na incorporación de máis empresas á esta rede empresarial. Tamén se busca “promover o gran traballo conxunto que está a levar a cabo gran parte do tecido empresarial da área do Barbanza – O Salnés e dar notoriedade ao concepto BNI mediante a mostra do apoio das institucións”.

O grupo do Barbanza nunha celebración en Ribeira

Ademais, explican dende o grupo, “será un día perfecto para que os empresarios e empresarias aproveiten para realizar networking e coñecerse entre si, obxectivo final da nosa filosofía”, explican dende a rede, engadindo que o seu obxectivo tamén reunir máis de 300 empresarios e empresarias da zona, acompañados por importantes representantes de asociacións empresariais, sociais e de institucións públicas locais e autonómicas; así como polos maiores representantes de BNI España.

A cita será o venres 14 de abril no Restaurante Baiuca (Goda 5, Artes, Ribeira).

Programación

19:45 — Apertura de portas e recepción de convidados

20:30 — Comezo do acto. Presenta: Rocío Rodríguez Padín, presentadora do Luar na Televisión de Galicia

20:30 — Benvida e presentación: Que é BNI?

20:35 — Vídeo e explicación: A filosofía BNI

20:40 — Palabras do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas

20:43 — Vídeos de presentación dos membros do Grupo BNI Terramar

20:47 — Discurso da presidenta do Grupo BNI Terramar, Olga Ramos

20:50 — Recoñecementos: en sector social á Asociación Ámbar e a 9 membros do Grupo BNI Terramar pola súa traxectoria: Gonzalo Triñanes, John Matthew Rebollido, Jorge Cánibe, Manuel Sestayo, Severo Nieto, Olga Ramos, Rafael Rodriguez, Rubén Couñago e Mario García.

21:00 — Palabras do membro fundador do Grupo BNI Terramar, Severo Nieto

21:03 — Palabras do director nacional de BNI España, Mark Gibson

21:08 — Peche: palabras do conselleiro de economía, Industria e Innovación, Francisco Conde

21:13 — Agradecementos e despedida

21:15 — Fin do acto inaugural

21:20 — Photocall (membros do grupo e autoridades)

21:30 — Comezo do cóctel

22:30 — Fin do acto

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.