O Concello de Noia e as entidades relixiosas locais (San Martiño, As Dores, A Terceira Orde dos Franciscanos, O Nazareno e O Resucitado) presentaron o programa de actividades da vindeira Semana Santa, que, segundo fixeron saber, “medra cada ano ano e converte a nosa vila nun destino cada vez máis atractivo dende o punto de vista relixioso e cultural”. A axenda inclúe 8 procesións, que arrancarán o venres 31 coa procesión da Virxe das Dores e rematarán o domingo 9 de abril, coa procesión do Cristo Resucitado.

No acto de presentación fíxose entrega entregou do premio á gañadora da fotografía do cartel de actos da Semana Santa, que recaeu en Uxía Gandarela. Os representantes do Concello agradeceron ás catro confrarías “o seu enorme traballo e dedicación”.

O programa inclúe as seguintes actividades:
-31 de marzo. Venres de Dores.
20.00 horas. Misa solemne á Virxe dos Dolores. Procesión.
-2 de abril. Domingo de Ramos.
12.00 Bendición dos ramos no Cantón e procesión da Borriquita.
17.45 Procesión do Ecce Homo. Saída de San Franscisco. Pregón en San Martiño e regreso.
-5 de abril. Mércores Santo.
21.30 horas. Via Crucis e procesión do Cristo da Misericordia.
-6 de abril. Xoves Santo.
20.00 horas. Celebración da Cea do Señor (con lavatorio de pés). Procesión das Carracas.
-7 de abril. Venres Santo.
10.30 horas. Santo Encontro no Curro. Procesión.
20.00 horas. Celebración da Paixón. Desencravo e procesión do Santo Enterro.
-8 de abril. Sábado Santo.
22.00 Vixilia Pascual (San Martiño e San Francisco).
-9 de abril. Domingo de Pascua.
11.00 Procesión do Resucitado (saída da Capela San Bernardo até San Martiño).




