En Ribeira, adxudicada ao arquitecto Carlos Seoane a redacción do proxecto para rehabilitar o Consistorio

14 Marzo 2023

O Concello de Ribeira adxudicou o contrato para a redacción dos proxectos básico e de execución do novo Consistorio de Ribeira, uns traballos que recaeron na firma Carlos Seoane Arquitecto, S.L. O contrato inclúe ademais o estudo de seguridade e saúde, a dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saúde, por un importe total de 282.535 euros distribuídos en dous lotes: actuacións sobre a envolvente exterior (200.860 euros) e reforma interior e instalacións (81.675 euros).

Fontes do Concello lembran que este proxecto foi o mellor puntuado do ámbito galego e a número 12 de España entre 1.605 actuacións presentadas ao PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos) convocado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Froito desta destacada puntuación, o Concello logrou unha axuda de 2.836.394,24 euros de fondos europeos Next Generation.

O Concello engade que “o desenvolvemento da obra vai permitir que Ribeira conte co primeiro consistorio ecoeficiente na comunidade autónoma a través da colocación de fachada de dobre pel, cuberta vexetal con paneis solares e alxibe para utilización da auga de chuvia”, entre outros elementos sustentábeis. O Goberno local pon o foco en que esta actuación contribuirá a “resolver as carencias de espazo para o persoal a través da remodelación do primeiro e segundo andar e máis a planta semisoto, ocupada actualmente polo GAEM e Protección Civil”.

Carlos Seoane

Nos últimos anos Carlos Seoane ten realizado diversas e multipremiadas intervencións dentro do noso termo municipal, tales como a remodelación do miradoiro de Pedra da Ra (Premio Lledó Arquitectura Ibérica, Premio COAG, Premio FAD, finalista nos Premios Arch Daily) e mellora da súa accesibilidade a través do proxecto O Banco do Piñeiro (gañadora na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, finalista na Bienal Iberoamericana de Arquitectura, finalista do Premio FAD), a construción do Centro Social de Oleiros (Premio COAG, finalista nos Premios FAD) ou a restauración do lavadoiro de Artes (finalista na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.