JEALSA adhírese á Alianza Galega polo Clima, que xa contan con 50 entidades colaboradoras

13 Marzo 2023

Suma e segue a Alianza Galega polo Clima, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente co obxectivo de facer unha fronte común na nosa terra para avanzar no obxectivo de crear unha Comunidade neutra en emisións de CO2. Este luns 13 de marzo formalizouse un histórico acordo coa conserveira boirense JEALSA, o que sitúa a cifra de entidades adheridas á Alianza en 50. O convenio foi asinado entre a empresa da nosa terra e a Consellería de Medio Ambiente que dirixe Ángeles Vázquez.

A conselleira fixo saber que a adhesión a esta fronte común supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como e”stablecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións”.

Nesa liña, Ángeles Vázquez fixo fincapé na importancia de contar coa experiencia de JEALSA nesta iniciativa e puxo en valor o programa de responsabilidade social corporativa We Sea, en base ao que esta empresa desenvolve a súa estratexia en favor da sustentabilidade multinivel.

A titular de Medio Ambiente salientou que JEALSA conta con directrices para garantir que toda a materia prima que entra nas súas instalacións procede unicamente da pesca responsábel: “JEALSA ten desenvolvido un ecosistema de valorización único na industria de transformación pesqueira europea, que lle permite obter un aproveitamento do 100% da materia prima, ademais de acadar a neutralidade en carbono a nivel de produción, entre outros grandes logros”, explicou.

A conserveira de Boiro, pola súa banda, destacou que a adhesión “é un gran paso máis no noso compromiso pola loita contra o cambio climático, a mellora do medio ambiente e o desenvolvemento da economía circular”.



Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.