Unha vintena de equipos de Bacharelato, entre eles o IES Plurilingüe Fontexería de Muros, debaten na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove

11 Marzo 2023

O programa Parlamento Xove da Xunta de Galicia celebra hoxe e mañá na Residencia de Tempo Libre do Carballiño a fase clasificatoria na categoría de Bacharelato. Un total de 18 equipos de 13 centros educativos, que suman 72 estudantes, danse cita esta fin de semana neste evento.

Os equipos debaterán sobre a seguinte cuestión: ‘Está preparado o Estado do Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?’. Terán que defender unha posición, ben a favor ou ben en contra. A dificultade está en que soamente cinco minutos antes de cada debate procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo.

A relación de centros educativos que presentan un equipo de Bacharelato a esta fase clasificatoria de Parlamento Xove son: o Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio, o IES Nosa Señora de Ollos Grandes de Lugo, o IES Plurilingüe Fontexería de Muros, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o IES Francisco Asorey de Cambados, o IES A Pinguela de Monforte e o CPR San José FEC e o IES Lucus Augusti, os dous de Lugo. Así mesmo, os centros que presentan dous equipos son: o Colexio La Salle de Santiago de Compostela, o IES O Carril de Vilagarcía de Arousa, o IES Laxeiro de Lalín e os colexios María Inmaculada Carmelitas Vedruna e Mariano, os dous de Vigo.

A 14ª edición de Parlamento Xove presenta como novidade que se abre á participación dos estudantes de calquera módulo ou ciclo de Formación Profesional. Esta nova categoría súmase ás de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Universidade.

Mellorar as capacidades do alumnado

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo dos participantes en aspectos como a expresión oral e escrita, a orixinalidade ou a argumentación razoada, entre outros. Así mesmo, este programa fomenta o traballo en equipo, o liderado, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais, e o respecto polas ideas dos demais.

En total, nesta convocatoria do programa están inscritos 56 equipos e 267 participantes en todas as categorías. Aos que compiten na de Bacharelato hai que engadir 24 equipos e 96 mozos de ESO; 4 equipos e 16 alumnos de Formación Profesional e 10 equipos e 37 universitarios. Dende o inicio de Parlamento Xove no ano 2010 teñen debatido neste certame máis de 500 equipos e superáronse os 2.500 participantes.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.