Volve este sábado 11 o Mercado Eco-lóxico de Boiro (e regresa o 25)

10 Marzo 2023

Este sábado 11 de marzo imos ter unha nova edición Mercado Eco-lóxico de Boiro, organizado polo Concello en colaboración co Foro Ecolóxico de Boiro (impulsando e achegando traballos de promoción) cada 2º e 4º sábado de mes na praza do Centro Social de Boiro de 10:00 a 14:00 horas.

Nos postos participantes poden atoparse produtos frescos de horta local e de tempada, alimentación, artesanía, e artesanía de reciclaxe.

A seguinte quenda do Mercado Eco-lóxico será, polo tanto, este 11 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas, na praza do Centro Social de Boiro. O Mercado Eco-lóxico de Boiro volverá o cuarto sábado do mes, ou sexa, o 25 de marzo, na mesma localización e no mesmo horario.

Haberá, unha vez máis, diferentes postos de venda con produtos frescos de horta local e de tempada, alimentación, artesanía, e artesanía de reciclaxe.

O Mercado Eco-lóxico de Boiro desenvólvese co obxectivo de “potenciar o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade co obxectivo de establecer sinerxías entre este sector e os demais establecementos de hostalaría e comercio do municipio”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.