A Deputación financia con 150.000 euros as obras de urbanización e mellora na Mirandela (A Pobra)

08 Marzo 2023

A Deputación da Coruña financia con 150.000 euros do Plan Único de Concellos as obras de mellora integral da Mirandela, na Pobra do Caramiñal. “Trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza da zona da Mirandela, na parroquia do Xobre”, explicaron fontes da entidade provincial, engadindo que as obras están xa en fase de licitación pública.

A orixe deste proxecto está na ampliación do devandito núcleo desde o 2008, trala aprobación do PXOM, que deu luz verde á creación de novos espazos urbanizábeis co conseguinte levantamento de edificacións “que carecen de servizos básicos como a recollida de saneamento, pluviais, alumeado publico ou pavimentación”, explicou a Deputación, que sinala que grazas ao Plan Único “procederase á ampliación dos servizos urbanos como saneamento, recollida de pluviais, abastecemento de auga e alumeado público en diversas zonas da Mirandela”.

Para completar a recollida de saneamento equiparase cun bombeo que permita dar servizo a aquelas vivendas que, atopándose a cota inferior á rede existente na actualidade, non é posíbel facelo por gravidade.

Nas zonas que xa existe alumeado público, pero con tendido aéreo, procederase a execución de canalización e novo cableado. Ademais, substituirase ou reporase o pavimento existente, usando na case totalidade da actuación o aglomerado asfáltico, e algunha pequena zona executarase con formigón.

O Plan Único leva investido na Pobra máis de 3,5 millóns de euros, financiado 26 obras e numerosos servizos públicos que melloran a calidade de vida da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.