Retómase na Pobra a charla sobre a prevención de atropelos

07 Marzo 2023

A Pobra do Caramiñal retoma a charla relativa á circulación peonil impartida polo coordinador
provincial de Educación Viaria. Ofrecerase no 16 de marzo, ás 17.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), manifesta que se promove esta acción a través do corpo da Policía local en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para a prevención dos atropelos.
Establécese así como unha prioridade a protección dos/as viandantes máis vulnerables e, nesta senda, repartiranse chalecos reflectores entre as persoas asistentes ao coloquio.
O acceso é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.