O Concello de Porto do Son vén de lanzar un recordatorio nas redes das posibilidades que teñen os seus veciños de desfrutar dunha Wi-Fi pública e de balde sen necesidade de saíren do termo municipal. Trátase dun servizo que está presente en sete emprazamentos referenciais do concello. A posta en marcha destes accesos foi posíbel grazas á participación da Administración local no proxecto europeo WiFi4EU (do que tamén se benefician Rianxo e Ribeira), impulsado dende a Axencia Executiva de Innovación e Redes (INES) da Comisión Europea.
Estes son os inmóbeis que contan con puntos de acceso a Internet gratuítos ao servizo da veciñanza:
✅ Casa de cultura de #Miñortos
✅ Casa de Cultura de #Portosín
✅ Praza do Curro de Portosín
✅ Casa de Cultura de #Queiruga
✅ Casa de Cultura de #SanPedro
✅ Biblioteca de Porto do Son
✅ Praza de España de Porto do Son




