O BNG reclama ao Goberno do PP que retire o permiso para verter 4 millóns de m³ cúbicos de augas residuais da mina de San Finx que chegarán á Ría

04 Marzo 2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Noia na manifestación contra o vertido de catro millóns m³ de augas residuais da mina de San Finx autorizado polo Goberno do PP, que pon en risco un dos ecosistemas máis ricos de Galiza e o futuro de 5.000 postos de traballo directos no marisqueo e na pesca de baixura na Ría de Muros-Noia.

Pontón demandou ao Goberno de Rueda que rectifique a autorización dun vertido que é unha bomba ambiental de consecuencias desastrosas para toda unha comarca, pois o impacto afectaría á xente que vive do mar pero tamén a todos os sectores económicos da comarca que, directamente ou indirectamente, dependen da preservación do ecosistema da Ría Muros-Noia, como o sector da hostalería, restauración, comercio ou turismo.

O vertido asinado polo Executivo de Rueda permite á multinacional australiana propietaria da mina de San Finx verter en dúas fases un total de catro millóns de metros cúbicos de auga contaminada con metais pesados ao río Pesqueiras, que desemboca na Ría de Muros-Noia.

O BNG tamén demanda do Goberno da Xunta que tome medidas en relación ás dúas balsas de residuos mineiros colmatadas e en pésimo estado, que son un perigo ambiental que a empresa elude coa complicidade dun PP que non actúa. Un problema nesas balsas, como unha posible rotura dado o seu deterioro, tería consecuencias desastrosas sobre a Ría.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.