Catro persoas en apuros tras envorcar a planadora na que navegaban en Porto do Son

03 Marzo 2023

Dúas delas foron rescatadas por unha embarcación particular e levadas ata o peirao, mentres que as outras conseguiron chegar a nado ata terra, ilesas.

Un particular que se atopaba na zona chamou ao 112 Galicia ás 12:20 horas, xa que observara como envorcou unha planadora que navegaba pegada á costa, entre as praias de Suigrexa e Cabeiro. Durante a conversa, indicaba que había polo menos unha persoa sobre o casco da embarcación, e varias na auga.

Desde o 112, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Minutos despois, Salvamento Marítimo comunicaba que estaban a mobilizar un dos seus barcos de rescate.

Case ao mesmo tempo, un particular apuntaba que dúas das persoas accidentadas estaban a acadar o areal das Pitas, ilesas. Outra planadora conseguiu rescatar rapidamente aos dous tripulantes restantes e as levou cara o porto da localidade, onde chegou unha ambulancia para atender aos implicados en caso de que fose necesario.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.