Nós Pobra repite candidato ás municipais 2023

03 Marzo 2023

Este venres 3 de marzo, o partido Nós Pobra deu unha rolda de prensa para a presentación da persoa que encabezará a súa candidatura e optará a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais deste ano 2023.
Participaron na rolda de prensa membros da coordinadora de Nós Pobra: Natalia Brión e Vicente Vázquez, unha das persoas que formará parte da candidatura, José Carlos Vidal, a concelleira de Nós Pobra, Estefanía Ramos e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro.
Natalia Brión, como membro da coordinadora de Nós Pobra, fixo a primeira intervención informando do obxectivo da rolda de prensa que foi dar a coñecer o noso proceso interno de elección da candidatura e da persoa que a encabezará, ademais foi a encargada de presentar ós compañeiros e compañeiras que participaron na rolda de prensa.
A continuación tomou a palabra Vicente Vázquez, que explicou o proceso interno das votacións á candidatura, resaltando que se trata de un procedemento extremadamente democrático no que cada persoa que pertence á asemblea pode votar e ó mesmo tempo pode ser elixida como representante e formar parte da lista e mesmo encabezar a candidatura.
Para a elección da persoa candidata emprégase un sistema de dúas voltas, na primeira escóllense as dúas persoas que serán elixibles na segunda volta. O resultado foi que Xosé Lois Piñeiro recibiu 24 votos das 29 persoas presentes Estefanía Ramos 21, pois nesta primeira rolda pode votarse por máis dunha persoa. A segunda volta non foi necesaria porque Estefanía Ramos retirouse amosando o seu total apoio ao que xa nese momento se proclamaba candidato de Nós Pobra á alcaldía, Xosé Lois Piñeiro.
A concelleira Estefanía Ramos explicou que Nós Pobra atópase realizando unha rolda de asembleas veciñais e reunións sectoriais coa finalidade de elaborar un programa electoral participativo. Comezaron o pasado 16 de febreiro na Ribeiriña e percorrerán tódolos centros sociais do concello, estiveron esta semana en San Isidro, A Angustia, O Campiño e teñen previsto tamén facelas para a veciñanza do centro urbano no Auditorio Valle-Inclán, no Camiño Ancho, en Santa Cruz, no Maño e na Ponte Barbanza en vindeiras datas.
En canto ás reunións sectoriais comezaron o pasado luns coa reunión co sector do deporte e continuarán reuníndose con sectores como o do mar, a hostalería, o comercio, a comunidade educativa, etc.
A concelleira recalcou a importancia da participación veciñal na vida política da vila e sinalou que a elaboración dun programa participativo é unha das sinais de identidade de Nós Pobra, e recorda que o vindeiro sábado 4 de marzo ás 19.00h terá lugar a asemblea veciñal para os veciños e veciñas do casco urbano, no auditorio do museo Valle-Inclán.
José Carlos Vidal, sinalou na súa intervención que o acto máis importante de toda a precampaña e campaña vai ser o vindeiro 15 de abril no Teatro Cine Elma, será neste acto no que se dará a coñecer o programa electoral, froito de todo este traballo participativo, e a candidatura completa de Nós Pobra, que se presentará como un equipo preparado para gobernar o noso concello.
Finalmente fixo a súa intervención o candidato á alcaldía, Xosé Lois Piñeiro, que dixo sentirse respaldado unha vez máis pola asemblea de Nós Pobra, que dentro de un proceso tan limpo e democrático no que calquera dos membros da asemblea pode ser elixido, contou unha vez máis co apoio maioritario dos seus compañeiros e compañeiras. Agradeceu moi especialmente o xesto de Estefanía Ramos de retirarse para a segunda volta, tal como fixo Charo Varela fai catro anos. Sentir ese respaldo da persoa que vai ser a número dous é moi importante para a seguridade e confianza da persoa que encabece a candidatura. Tivo palabras de agradecemento para as dúas compañeiras.
Comentou que os dous primeiros mandatos foron moi complicados, un primeiro en minoría que conseguiron sacar adiante só con catro persoas e significou un gran esforzo e un excelente traballo por parte de todas elas, e un segundo no que a conformación do tripartito chegou máis tarde do que debería e no que foi preciso facer fronte a dúas crises, primeiro unha sanitaria provocada pola Covid-19 e logo outra económica causada pola propia pandemia e os efectos da guerra en Ucraína. Expresou o seu desexo de que o resultado das vindeiras eleccións municipais volvan a situar a Nós Pobra dirixindo o goberno municipal, con maioría absoluta ou cun pacto estable de goberno, sen crises nen pandemias, para poder centrarse no desenvolvemento de proxectos transformadores e que melloren a calidade de vida e a situación socioeconómica da vila.
Finalmente insistiu na importancia que ten o acto de presentación do programa e da candidatura o vindeiro 15 de abril, xa que Nós Pobra non é en absoluto unha organización presidencialista, senón que está formada por unha asemblea participativa e con verdadeira capacidade de decisión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.