O PSOE de Ribeira pide habilitar un paso de peóns na contorna do Leliadoura

03 Marzo 2023

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou ao pleno da Corporación, para ser debatido en pleno, un rogo relativo á seguridade viaria nas inmediacións do IES Leliadoura (Frións), onde os estudantes residentes no lugar están a reclamar a colocación dun paso de peóns, concretamente na estrada CP-7301, co obxectivo de “facilitar a accesibilidade aos seus domicilios no núcleo de Frións”.

Segundo explica o PSOE nun comunicado, “a seguridade viaria das persoas en xeral que cruzan dende unha beira a outra da estrada, para ir aos seus domicilios, á panadaría ou simplemente para levar a cabo paseos, entra en risco nesta zona, xa que algúns condutores non respectan os sinais de velocidade”.

En virtude do devandito, o PSdG pide que “por parte de quen corresponda, sexa valorada a necesidade de implantar un paso de peóns, cos sinais verticais e horizontais precisos no lugar, e facilitar a seguridade na dita estrada á altura da zona de estacionamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.