Boiro organiza un Roteiro da memoria a través das mulleres senlleiras de Cimadevila

02 Marzo 2023

O Concello de Boiro programa un Roteiro da memoria por Cimadevila a través das mulleres. Na presentación da actividade, que se realizou esta tarde estiveron a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado, e Clara R.
Cordeiro e Eva Agra, de 7h cooperativa que desenvolveron o proxecto.
A través dun mural nomeado “senlleiras de Cimadevila” co que se renderá homenaxe a Isabel Maestre e outras mulleres do barrio como foron Lola a de Cueva, Ermitas do Sindicato, Carmen de Adolcar ou Maruja de Fontán. “Con este proxecto vaise poñer en valor a zona de Cimadevila e tamén ás mulleres, unhas mulleres do común que estiveron invisibilizadas”, afirmou a concelleira de Memoria Histórica, Dores Torrado.
O fío condutor para contar esta historia das mulleres de Cimadevila é o sector téxtil. “Para elas foi o primeiro traballo fora da casa, algo que lle permitiu ter un sustento propio”, recoñeceu Clara Cordeiro, que se ocupou da parte de investigación do proxecto para o que recoñeceu que foron fundamentais as
aportacións da veciñanza de Cimadevila.
“Foi un proxecto moi bonito pero tamén complicado, porque non hai moits fontes de investigación, pero estou segura de que á veciñanza de Cimadevila lle vai gustar e se sentirá reflexada”, recoñeceu a ilustradora Eva Agra que se ocupou da parte máis creativa do proxecto.
O proxecto poderase ver a partir do vindeiro mércores 8 de marzo, co gallo do 8M, para destacar o papel de 5 mulleres senlleiras de Boiro que destacaron en moitos eidos, polo seu traballo e polo seu carácter emprendedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.