Comeza a coller corpo a edición 2023 do Xtosín Trail

02 Marzo 2023

Xa comezou a conta atrás para unha das probas de trail máis agardadas polos seareiros dos deportes en plena natureza: a Xtosín Trail 2023, que se celebra o 21 de maio. Será, unha vez máis, unha ocasión para xuntar aos/ás corredores e corredoras de montaña máis destacadas/os da comarca, de Galicia, do ámbito estatal e mesmo do plano internacional. Por certo que a carreira en si mesma (con distancias de 21 e 14 quilómetros) compleméntase novamente cunha andaina de 14 quilómetros.

Segundo confirmou a organización (Arousa Neo e a Área de Deportes do Concello de Porto do Son) a nova edición preséntase “coa mesma carta da convocatoria anterior”, pero na versión da media maratón “non faltarán os soutos, as fragas, as carballeiras, sin esquecernos da incríbel saída pola praia de Coira para enfrontarse ao cortalumes de Queiro que nos vai poñer no alto do monte Iroite en pouco mais de quilómetro e medio”. De novo a proba rematará na dársena de Portosín, “un enclave único para poñer o remate a a unha carreira e un circuíto únicos”.

Quen precise máis información pode ir recadándoa en Arousa.com.

Ficha técnica

Data: Domingo 21/5/2023

Hora: 10:30 h.

Lugar de saída/meta: paseo marítimo de Portosín

Distancias: 21 km – 14 km – Andaina 14 km

Desniveis+: 1030 m+ ou 590 m+

Tempos de corte:

21 km: tempo máximo 3 h. – Corte: no km. 8 en 1:30 h.

14 km: tempo máximo 2:30 h.

Avituallamentos: 3 na distancia longa – 2 na distancia curta (incluíndo o de meta)

Período de inscricións: apertura o 15/11/2022 – peche 14/5/2023 ás 23:59 h.

Duchas: Polideportivo “David Vidal” de Portosín

Prezo: 20 € ou 15 € (Andaina 7 €)

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.