
A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) puxo á venda este 1 de marzo até 200 caixas de bonos #negocios10. Estas caixas, que teñen un valor de 50 € pero que aos clientes só lle custan 40, levan 10 € de regalo para que os veciños e visitantes os utilicen nos establecementos asociados. As persoas interesadas en adquirilas deben pasar polas oficinas da ABE para mercalas até esgotar existencias. Recordar que nas bases estipúlase que “soamente se pode mercar 1 caixa por persoa”. A patronal boirense, facendo un primeiro balance do acadado pola campaña, informou de que o primeiro día de campaña xa se venderon a metade das caixas dispoñíbeis.

A caixa tamén contén un listado con todos nos negocios onde se pode utilizar dende roupa, calzado, alimentación, electrodomésticos, decoración, reformas, climatización, xogueterías, librarías, tinturarías, gasolineira, transporte, bares e cafeterías, restaurantes, ocio nocturno, turismo rural, saúde e benestar e un largo etcétera. Ademais con cada caixa entregase unha exclusiva bolsa de algodón orgánico de agasallo.
As bases completas da campaña pódense consultar na web da ABE, www.abe.gal.




