“As filiais que Ferrovial ten en Galicia pagarán localmente os seus impostos”. Antón Luaces

02 Marzo 2023

Con localizacións en Nigrán, Santiago. Lugo, A Coruña, Vilagarcía e Cerceda e intereses na reforma da estación de ferrocarril da Coruña para adaptala á alta velocidade, e entrar no negocio da éolica mariña con máis de 1.000 megavatios nas costas de Lugo e Pontevedra, Ferrrovial traslada a súa sede en España a Países Baixos. Esta decisión non foi ben recibida polo Goberno español, cuxa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a coruñesa Nadia Calviño, respostou este mércores ao presidente executivo e máximo accionista de Ferrovial, Rafael del Pino Calvo-Sotelo, expresándolle o rexeitamento do Executivo que preside  Pedro Sánchez ao traslado da multinacional española a Países Baixos.

Economía vai seguir de perto as  posibles inspecións desta “errónea decisión” por se tratar dunha “empresa que debe todo a España”, segundo a propia Calviño, que reprocha a del Pino “esta falta de compromiso co seu pais”.

A vicepresidenta tivo unha conversa con Del Pino na que lle expresou “nídiamente” o seu rexeitamento á decisión comunicada onte.  Fontes gobernamentais apuntaron que “o ministerio agarda coñecer detalles para seguir de preto as posibles implicacións desta errónea decisión”, e engadiu que “se trata dunha empresa que debe todo  a España e grazas ao investimento público dos cidadáns españois” e agora asume “esta falta de compromiso co seu país”.

Para o ministerio resulta paradoxal que se anuncie esta posible decisión nun momento de importante atracción de investimento estranxeiro e confianza dos investidores estranxeiros no noso país, e cun proceso de investimento público e modernización sen precedentes en marcha nos sectores nos que está presente o grupo Ferrovial.

A empresa, aproveitando a presentación dos seus resultados anuais propuxo unha fusión entre a súa sociedade matriz e  actual Ferrovial International, unha sociedade anónima europea neerlandesas que xa é titular do 86% dos activos da compañía, o que supón o traslado do domicilio social de España a Países Baixos.

Dedicada á xestión de infraestruturas,  Ferrovial foi fundada en 1952, acadando en 2021 uns ingresos de 6.778 millóns de euros e beneficios netos de 1.197 millóns de euros. Da emprego a 63.670 traballadores nas divisións de aeroportos, construción, autoestradas e infraestruturas enerxéticas, con presencia mundial, a máis de en España, en Portugal, Polonia, Eslovaquia, Estados Unidos, Canadá, Australia e Nova Zelanda, Chile, Colombia, Perú e Reino Unido.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.