
A Policía Autonómica conseguiu esclarecer un incendio forestal que comezou o pasado 18 de febreiro no municipio coruñés de Boiro. O lume afectou a 600 metros cadrados de superficie arborizada.
Xunto con axentes ambientais do distrito forestal de Barbanza e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais, os investigadores conseguiron descubrir o inicio das chamas: unha queima sen as medidas de seguridade adecuada, pero co permiso para realizala.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda en Ribeira. Esta é a terceira persoa investigada pola Policía Autonómica na campaña de incendios forestais.



