Boiro Novo dá aos parabéns ao departamento local de Deportes por ter sacado adiante a reforma integral da Piscina Municipal

27 Febreiro 2023

O grupo Boiro Novo emitiu un comunicado a conto da Piscina Municipal cuberta, que foi obxecto dunha reforma integral por parte do actual equipo de Goberno, a través do departamento de Deportes que dirixe Dores Torrado, que denunciara en 2018 “o estado deplorábel” no que se atopaban as ditas instalacións. No comunicado o grupo dá os parabéns ao Concello e especialmente á devandita área de Deportes, “polo remate dos traballos de mellora e pola apertura da Piscina Municipal, neste comezo do mes de marzo, mediante xestión directa dende o Concello, tal e como prometemos no noso programa”. No comunicado Boiro Novo tamén critica ao anterior equipo de Goberno (PP), ao que acusa de deixar a piscina convertida “nunha ruína”.

E engaden: “Nesta actuación o actual Executivo de Boiro estivo totalmente só. Houbo un convite a tódalas formacións políticas da Corporación menos ao PP, por ser o causante desta desfeita herdada, a botar unha man para sacar adiante este é outros proxectos necesarios para Boiro”. A agrupación sinala que os grupos “preferiron non dar o seu apoio, coa escusa repetida ata hai pouco, de que o convite chegaba tarde e non había tempo a executar as obras”. E engaden: “Certo é que nós tampouco tiñamos certeza de si habería tempo, pero puxémonos mans á obra e arrimamos o ombreiro. Tentámolo e conseguímolo”.

Boiro Novo remata o comunicado animando á veciñanza a que acuda a instalación e “que vexa a notábel mellora que se fixo neste tempo. Tamén aproveitan para anunciar que “dende este equipo de Goberno xa se está traballando nesa ampliación rexeitada pola oposición no seu día, para a que esperamos contar co apoio da veciñanza para acadala o antes posíbel”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.