Compostela despide a mostra Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán

28 Novembro 2019
Na presentación da exposición. Cedida

A exposición itinerante Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán, do artista Domingo Regueira (Palmeira, 1945), remata a súa estancia en Santiago de Compostela, resultado da estreita colaboración existente entre o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e a Fundación Eugenio Granell. Esta actividade enmárcase na programación da vixésimo primeira edición das xornadas de homenaxe ao intelectual que se celebra na Pobra, dándolle unha proxección a estes actos máis aló de Arousa.

Os interesados aínda dispoñen ata o 1 de decembro para compartir a mirada do artista sobre as pasaxes literarias e personaxes valleinclanianos a través das 36 pezas, bosquexos ou borranchos realizados en augada e tinta. Neste senso, a mostra transita os espazos e os propios itinerarios do autor das Comedias Bárbaras. Con dúas instalacións previas na Pobra e Vilanova, invita ao espectador a trasladarse ao universo de ficción de Valle-Inclán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.