A piscina municipal de Boiro retoma a súa actividade coa apertura ao público o vindeiro día 1 de marzo

23 Febreiro 2023

O Concello de Boiro, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento do Complexo Deportivo da Cachada, retoma a actividade da piscina municipal coa apertura ao público a partir do vindeiro 1 de marzo. As inscricións poden realizarse a partir do próximo luns día 27 nas propias instalacións ou no
departamento de Deportes do Concello de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, falaron máis polo miúdo da apertura. A instalación abrirá de xeito gratuíto durante os primeiros meses pero as persoas usuarias deberan formalizar unha inscrición para ter un control no acceso ás instalacións. As inscricións poderanse facer xa a partir do luns nas propias instalacións do complexo deportivo da Cachada ou no Departamento de Deportes, na Casa da Cultura.
As persoas inscritas terán dereito ao uso da piscina, que estará dotada de servizo de socorrismo, e tamén do ximnasio de forma libre. “O obxectivo é facer unhas xornadas de portas abertas para que as persoas usuarias poidan coñecer as novas instalacións antes de comezar a implantar novos servizos e
actividades”, afirmou a concelleira de Deportes, Dores Torrado.
O Concello de Boiro traballa agora na municipalización da xestión da piscina para a ampliación dos servizos. “Este ultimo ano estivemos traballando de forma simultánea na execución das obras e a municipalización da instalación xa que a historia nos demostrou que é a mellor forma para garantir
o correcto mantemento e o mellor servizo para as persoas usuarias”, recoñeceu a concelleira.
As instalacións da piscina municipal abren ao público cun aspecto totalmente renovado xa que nos últimos anos se realizou unha inversión de máis de 600 mil euros para a posta a punto das instalacións. “Cando tivemos que cerrar as instalacións pola Covid-19 e comezamos a facer tarefas de mantemento decatámonos que o estado no que se atopaba era moi deficiente e que non cumprían as condicións hixiénico sanitarias debido á deixadez da empresa adxudicataria e o anterior goberno”, afirmou o alcalde.
Nos últimos anos levouse a cabo a renovación dos falsos teitos do vaso da piscina e os corredores de acceso, o acondicionamento da sala de máquinas e das caldeiras, instalouse unha caldeira de biomasa para lograr unha maior eficiencia enerxética, aumentouse a capacidade do graderío, ximnasio, fixéronse reparacións para evitar as goteiras e filtracións de auga que había no interior e realizáronse tarefas de mantemento e acondicionamento xeral da instalación como o pintado, cambio de luminarias a LED de toda a instalación…
O obxectivo do goberno local é que, unha vez aberta a instalación, se sigan realizando actuacións de mellora. Están xa adxudicadas e pendentes de iniciar as obras para a dotación dunha nova cuberta no pavillón por importe de 172.000 euros, para o que non se precisa a paralización das actividades, e
tamén se está na procura do financiamento para a ampliación do complexo e a creación dunhas salas multideporte que permitan levar a cabo actividades dirixidas, un proxecto dun orzamento de 374.527 euros, que contaba co financiamento da Deputación da Coruña e foi rexeitado ata en dúas ocasións
polo pleno. “Unha vez se executen estas actuacións proxectadas, para as cales non é preciso paralizar a actividade, contaremos cunhas instalacións acorde á actividade deportiva e veciñanza de Boiro”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.