
Todo un paquete. Virginijus Sinkevicius, comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca envolve en papel celofán o seu “regalo” atrasado de aninovo, sen tan siquera afirmar as bases da súa proposta porque, con total seguridade, non se vai reformar a Política Común de Pesca (PPC) -que segue a ser válida- e sí millorar a súa implementación ao traverso dun gran Pacto pola Pesca e os Océanos.
Eis os piares da folla de ruta coa que a Comisión Europea tenta pretende millorar a sustentabilidade e a resiliencia da pesca en caladoiros comunitarios. Un plan de medidas que inclúe un denominado Plan de Acción para protexer e restaurar os ecosistemas mariños para unha pesca sostible e resiliente; a comunicación sobre a transición enerxética do sector da pesca e a acuicultura da UE; a comunicación sobre a avaliación da política pesqueira común e o informe sobre o financiamento da organización común de mercado para os produtos da pesca e acuicultura.
Quere ser un Pacto pola Pesca e os Océanos, segundo o comisario Sinkevicius, que garanta unha pesca sustentable e resiliente, que protexa e restaure os ecosistemas mariños, rendabilizando o sector e que reforce a seguridade alimentaria a longo prazo. Para acadar isto, o “paquete” de Sinkevicius formula importantes sacrificios á frota comunitaria nos vindeiros dez anos: a Comisión non renuncia á erradicación da pesca de arrastre dentro das Augas Mariñas Protexidas (AMP) no horizonte de 2030, con accións concretas de restauración dos ecosistemas mariños e redución do impacto das actividades pesqueiras no medio ambiente mariño , en base aos compromisos adquiridos pola Unión Europea na COP15 de Montreal que fixa declarar o 30% do océano como Azul ao remate desta década.
Deste xeito, Bruxelas reforzaría a contribución da PPC aos obxectivos medioambientais da UE e a redución do impacto adverso das actividades pesqueiras.
A máis da proteción dos fondos, o plan fixa a captura accidental de especies sensibles e o seu impacto nas cadeas tróficas como Áreas prioritarias de acción. Todo elo para implicar aos Estados membros, cun calendario claro na actuación sobre as augas.
Coida que se debe actuar nas augas dos Estados Membros -onde a UE carece de competencias- protexendo as áreas de desove e crianza do peixe, reducindo as taxas de mortalidade de peixes e a restauración de áreas para especies e hábitats sensibles.
O prioritario é, no plan do eurocomisario, reducir o impacto da pesca nos fondos mariños pola importancia que estes teñen como puntos críticos da biodiversidade mariña da Unión Europea e a importancia do carbono azul nos hábitats mariños para facer fronte ao cambio climático.
Bruxelas -como publica Europa Azul- deixa a pelota no teito dos socios europeos: hai que eliminar gradualmente a pesca de fondo móbil en todas as Augas Mariñas Protexidas a máis tardar en 2030 e non permitila en ningunha das de recente creación. A primeira data clave é marzo de 2024, que será cando se tomen as primeiras medidas.
No plan de acción tamén se contempla aumentar a selectividade das artes e prácticas de pesca para reducir as capturas incidentais de especies ameazadas, estrabelecendo un calendario para axudar aos Estados membros a priorizar aquelas especies que requiran maior protecion. Nada se dí, sin embargo, de medidas a tomar para a frota afectada que, no que atinxe a Galicia, non vai ser pouca e con grave repercusión socioeconómica.



