O Campionato Galego de Campo a Través disputarase na Pobra no 4 de marzo

22 Febreiro 2023

Co mes de marzo chega á Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Campo a Través nas categorías alevín/a, infantil e cadete, tanto masculino coma feminino.

A cita disputarase no día 4, a partir das 11.30 horas, no circuíto de Cabío. Estímase unha participación de aproximadamente 400 atletas que deberán completa-la distancia correspondente (2000, 2500 ou 3000 metros). Resulta clasificatoria para o Campionato de España de Campo a Través escolar.

Así o deron a coñecer en rolda de prensa, este mércores 22, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Roberto García; o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure; e Manuel Fontenlos, en representación da Agrupación Deportiva Escolar As Rías.

O evento tamén conta coa implicación da Federación Galega de Atletismo.

Estableceranse dúas clasificacións: individual e por equipos. Deste xeito, entregaránselles medallas ós/ás tres primeiros/as atletas clasificados/as de modo individual, así como trofeos e medallas ós tres primeiros equipos de cada categoría.

O prazo de inscricións permanecerá aberto ata as 20.00 horas do día 28 de febreiro a través da páxina web www.sdp.rfea.es/ ou do enderezo electrónico competicion@atletismo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.